lunes, 1 de julio de 2024

Cronica

O pasado domingo dia 16 de xuño os miembros de Paso Miúdo fixemos a ruta: Rego dos Coruxos en O Viveiró ( Muras )

"A Sierra do Xistral forma o núcleo do macizo montañoso que separa a "Terra Cha" do mar Cantábrico. Este conxunto montañoso estendese polos concellos de As Pontes, Abadín, Alfoz, Muras, Mondoñedo, Ourol, Valadouro, Vilalba, Xermade, Xove, Viveiro e Cervo. E a zona de Galicia con menos horas de sol e a frecuente nebulosidade deixa constantes precipitacións. Ademais, é habitual a presencia do vento coñecido como "Xistra", un vento xélido e húmido que roza os cumios, converte a esta zona en un lugar propicio para o aproveitamento eólico.

O macizo setentrional ten como punto máis elevado O Cadramón (1.062m.), A Toxiza (832m.) e a Carba (908m.). Os principais ríos que nacen nestas montañas son, na vertente atlántica, O Eume, e en la vertente cantábrica, O Landro, O Ouro e O Masma. Ninguén que recorra os nosas verdes cumios batidos polo vento, pode quedar indiferente. O implacable paisaxe do Xistral unese a visión dos cabalos salvaxes en liberdade, de raza galega e hispano-bretona. Nas terras montañosas do Guriscado e A Curruxeira que nos conducen ata O Viveiró, o paisaxe e cada vez mási frondoso con presencia de carballos, castaños, acivros, freixos e bidueiros".

La palabra "Coruxo" e bastante utilizada na toponimia galega, xa que a raíz "cor" aplicada a os accidentes topográficos, significa monte ou rocha. Ademáis, con esta palabra nomease en algunhas zonas ao rodaballo, mentres que con "coruxa" denominaríase a lechuza, polo que o nome de este arrollo podería referirse a un risco onde aniñan estas aves.

unha preciosa ruta de sendeirismo de 9,5 quilómetros que parte dende a Praza da Iglesia de Viveiró

Os primeiros 4 km temos que subir por asfalto e pista empedrada ata a aldea Coruxos,onde se abandona a estrada asfaltada para pasar a camiñar por unha ampla pista, dende onde se ten a primeira visión cercan do Rego dos Coruxos; pero a escasos metros xa nos encontramos a Ponte dos Coruxos, onde nos adentraremos na carballeira de Viveiró sempre acompañados do río e da sombra dos árbores autóctonos como carballos, castaños, bidueiros, acevos e freixos poderemos disfrutar de unha pequena cascada, coñecida como Salto do Can.

Todo o camiño paralelo ao Rego dos Coruxos estaba enfangado e en algúns lugares tivemos que resignarnos a meter os pes ata os nocellos no barro; ademais, hai que cruzar varias veces algún regato e dada a cantidade de agua caída ultimamente, había que inxeniárnolas para buscar a mellor forma de cruzar. Finalmente chegamos a unha zona onde case e imposible vadear por rochas ou saltando

Despois de pasar os regatos comenza unha lixeira costa, pola que primeiro cruzamos o límite da carballeira e despois subimos por la ladeira entre O Loureiro e A Pedra Chantada, na que pastan innumerables cabalos salvaxes, ata cerrar a circular en Casavella, onde se retoma a estrada asfaltada por la que habíamos iniciado a ruta.

Vémonos despois do parón estival no mes de setembro onde iremos a terras asturianas para facer a ruta: Viesgo miradoiros do Navia



Powered by Wikiloc

No hay comentarios:

Publicar un comentario